Saltar ao contido principal
Volver ao catálogo
Era outra vez

Era outra vez

Autor: Paula Merlán / Ramón D. Veiga / Bea Campos

Ilustrador/a: Xiana Teimoy

'Era outra vez' é unha escolma deses contos que había antes da Internet, dos móbiles, da televisión ou mesmo da radio. Como son os xigantes deste século? E se en vez dun emperador se tratase do director dun colexio? Necesitarían hoxe en día os xenios das lámpadas marabillosas wifi para conectarse? 'O xigante egoísta', de Oscar Wilde, 'O traxe novo do emperador', de Hans Christian Andersen e 'Aladino e a lámpada marabillosa', o conto popular árabe adaptado tamén por Andersen, son os contos favoritos de Ramón D. Veiga, Bea Campos e Paula Merlán. Hoxe son reinterpretados con talento, imaxinación e un mundo de cariño. As ilustracións de Xiana Teimoy completan unha peza de luxo para todos os públicos.

Ficha Técnica

ISBN978-84-8289-602-1
Publicación25/10/2022
Ano2022
EditorialCumio
Colección-
Páxinas80
IdiomaGalego, Castelán

Xéneros

infantilcontosadaptación