Saltar ao contido principal

Política de privacidade

Última actualización: 06/06/2026

1. Responsable do tratamento

  • Titular: Ramón Domínguez Veiga (NIF 32658219J)
  • Enderezo: Travesía Silvana 5 baixo, 36205 Vigo (Pontevedra)
  • Correo: ramond.veiga@gmail.com

2. Datos que se recollen

  • Formulario de contacto: nome, correo electrónico, asunto e contido da mensaxe.
  • Datos técnicos: enderezo IP empregado exclusivamente, e de xeito volátil, para limitar a frecuencia de envíos do formulario (rate-limit). Non se persiste.

3. Finalidade

  • Responder ás consultas enviadas a través do formulario.

4. Base xurídica

O tratamento dos datos do formulario de contacto baséase no consentimento que a persoa interesada presta ao marcar a caixa de verificación do formulario (RGPD, art. 6.1.a). O consentimento pode retirarse en calquera momento sen que iso afecte á licitude do tratamento anterior á súa retirada.

5. Prazo de conservación

  • Mensaxes do formulario: ata 30 días na plataforma Resend e, na conta de correo do titular, mentres dure a relación ou ata 12 meses despois da última comunicación, salvo obriga legal.
  • Rexistros do servidor (Vercel): aproximadamente 30 días.

6. Destinatarios e encargados do tratamento

Para prestar o servizo emprégase a infraestrutura dos seguintes provedores, que actúan como encargados do tratamento:

  • Resend, Inc. (Estados Unidos) — entrega de correo electrónico.
  • Vercel, Inc. (Estados Unidos) — hospedaxe do sitio web.

Estes provedores están adheridos ao marco EU–U.S. Data Privacy Framework (DPF), mecanismo de adecuación adoptado pola Comisión Europea o 10 de xullo de 2023, polo que as transferencias internacionais quedan amparadas (RGPD, art. 45). Os datos non se ceden a outros terceiros agás obriga legal.

7. Dereitos

A persoa interesada pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade e retirar o consentimento en calquera momento. Para iso pode escribir a ramond.veiga@gmail.com indicando "Protección de Datos" no asunto.

Se considera que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

8. Persoas menores

A idade mínima para empregar o formulario de contacto e prestar consentimento é de 14 anos. Os datos de menores requirirán o consentimento de pais ou titores.

9. Seguridade

Adóptanse medidas técnicas e organizativas razoables para protexer os datos persoais contra accesos non autorizados, alteración ou perda.

10. Cambios na política

Esta política pode actualizarse para reflectir cambios legais ou no funcionamento do sitio. A versión vixente é a publicada nesta páxina.

11. Decisións automatizadas

Non se realizan decisións automatizadas nin elaboración de perfís nos termos do art. 22 RGPD.

Aviso legalPolítica de cookies