Saltar ao contido principal
Volver ao catálogo
A miña amiga Gloria

A miña amiga Gloria

Autor: Ramón D. Veiga

Ilustrador/a: Iván R.

Unha das lembranzas máis especiais que teño da miña infancia era o momento de chegar do colexio, prender a tele e quedar pasmado diante dunha muller que, coa voz rouca, recitaba versos fermosos e tolos que facían que case non puidese probar o meu bocadillo de chourizo ou, os venres, de crema de cacao. Era hipnótico. Extraordinario. Máxico. Gloria Fuertes (Madrid 1917-1998) foi e será para sempre referente da poesía, e non só para nenos e nenas. Poeta, que non poetisa. Unha muller de verso no peito. Sirva este pequeno conto de homenaxe a Gloria. Grazas por tanto! Ramón D. Veiga

Ficha Técnica

ISBN978-84-18687-56-3
Ano2023
EditorialTriqueta Verde
ColecciónOs meus amigos
Páxinas56
FormatoCartoné
IdiomaGalego, Castelán, Catalán

Xéneros

infantilamizade