Volver ao catálogo

Inventario de bruxas da avoa Maruxa
Autor: Ramón D. Veiga
Ilustrador/a: Isabel Muñoz
Con case cen anos, a avoa Maruxa tivo tempo abondo para coñecer ananos, xigantes, cíclopes, atlantes e tamén algunha fascinante bruxa: meigas elegantes; outras, arrepiantes; cun humor brillante; con peor talante… mais ao final todas se facían querer. Entre viaxe e viaxe, fixo un inventario algo estrafalario, mais aqueladiño, das meigas que foi atopando no camiño. Cando o rematou, vendeullo a un anticuario e, co que gañou, mudouse a un balneario. Din que alí segue aínda hoxe Maruxa. Non será ela tamén un pouco bruxa?
Ficha Técnica
ISBN978-84-8289-618-2
Publicación13-04-2023
Ano2023
EditorialCumio
ColecciónMINICUMIO
Páxinas84
FormatoCartoné
Tamaño210 x 150 mm.
IdiomaGalego, Castelán
Xéneros
infantilfantasíatradición